8.9.06

Os reis do mambo

Este blog siempre ha sido un lugar que ha luchado por la causa del onanismo, la desidia, la cocina tradicional y la libertad de expresión. Por eso, casi un año después de haber subido aquí las primeras letras, damos cabida a una nueva etapa intelectual y social, convirtiéndonos en un refugio para textos comprometedores y escabrosos. ¡No te calles lo que piensas! ¡Publícalo aquí! (Tarifas asequibles para todas las edades. Nos reservamos el derecho de manipular y mutilar los originales)

Declaración oficial de O Nadador: Para non perder un amigo tiven que esconder este post no A metro escaso del Cinismo. Coma Acnur, A metro escaso del cinismo, acolle esta peza que non puiden resistirme a redactar. Agradezo a súa solidaridade a El Duende

Cando o Chinés e os seus secuaces se viron acurralados nun piso de Leganés a desesperación levounos a autoinmolarse, según a deturpada versión do goberno de Zapatero. Os folguistas en Corea do Sur ante a imposibilidade de loitar contra un país controlado polas trasnacionais córtanse un dedo. Os kurdos van un paso por diante e quéimanse ao bonzo. Millóns de persoas do Terceiro Mundo arriscan a vida por fuxir da fame negra. A desesperación é mala e pode levarche a tomar decisións radicais e drásticas. Coma un amigo meu que se apuntou a clases de salsa.

O problema non é a salsa en si. O problema é que non dá o perfil de persoa que se apuntaría a esta actividade. Quizais baile de salón si pero a salsa non. Sen embargo este colega, un tipo moi intelixente, é coñecedor do poder seductor do baile latino e, ante a súa sequía na búsqueda de féminas en idade procreativa, decide ir a por todas e menear as cadeiras.

Discutía con outro ser humano se as mulleres se sentían fascinadas por este tipo de danza. El afirmaba que só as pijas e cuarentonas e eu dicía que todas, confesable ou inconfesablemente, sentían a chamada do asucar sabrosón. Seguro que hai excepcións pero coma di House a xente minte. Pola súa banda Shakira afirma que as cadeiras non minten. Quedádevos co voso ídolo predilecto.

7 comentarios:

O Nadador dijo...

Eu non che indiquei esa foto pero son comprensivo coas filias alleas.

elduende dijo...

"Nos reservamos el derecho de manipular y mutilar los originales"

A.F.Torreiro dijo...

¿Pero qué le veis a Shakira?

Off topic... Ya estáis mentalizándoos para empezar con el sLAng jejeje...

Arale Norimaki dijo...

O tango aínda bué, pero salsa... aínda que polo que teño oído é bastante máis efectivo que as bibliotecas e as clases de idiomas por iso dos meneítos e o inevitable magreo encuberto. Pero vixiládeo ben que os grupos estes de baile son como sectas, comezan con ceas de grupo, e acaban arrastrando ós do seu entorno á fatídica espiral salsera...

PD: Tomo nota da nova oferta libertina da blog. Pinta ben :P

Elianinha dijo...

Arale: hai vida fóra do Maikar. Incluso hai xente que TRIUNFA fóra do Maikar ;P
Un día metémonos no guayaba e cos meneos dos nosos superpandeiros arrasamos!!!

Zerovacas dijo...

Nadador, como dis, "toda a xente minte". Eu mesmo deixeime arrastrar algunha vez por eses ritmos. Pero, coma ti, escollo blogs alleos para facer este tipo de confesións

Anónimo dijo...

Felicidades por la iniciativa del blog titi, y que vivan los tangas y las salseras que le dan gusto a la vida!