La Asociación Lúdico-Semántica de Filósofos contra el Caos (KOKOTCHA, siglas en sustrato indoeuropeo), conocedores de la labor que cumplimos en este espacio de comunicación para preservar a la juventud del vicio y la estulticia, nos remite un comunicado que pasamos a reproducir íntegro:
Non creo asustar a ninguén se afirmo que as festas dentro dunha vivenda privada convertéronse nun dos pasatempos favoritos de estudiantes universitarios e mozos traballadores que cobran os seus primeiros salarios. Esta actividade pode parecer divertida nun principio, e todos escoitamos falar das súas vantaxes: aforras cartos, evitas os empuxóns dos bares, non te mollas se chove, podes falar con calma, etc. Non obstante, ninguén fala dos defectos:
* Poder falar máis non é necesariamente bo. ¿Ata que punto son entretidas as laricas dun ser humano alcolizado? Pénsadeo fríamente. Nun bar, pode un fuxir á outra esquina e ir saltando un grupiño a outro, pero no salón dunha casa ¿onde vas?
* O barato sae caro, para o fígado e a cabeza. Nestas festas, ou te chuzas como un animal e tes menos dignidade e máis resaca do normal, ou quedas atrás e tes que escoitar máis conversas bébedas que a media (ver punto anterior).
* Os teus cartos reciben un mal uso. O alcol e as patacas fritidas de aperitivo mércalas nunha cadea de supermercados que probablemente financiará a ETA ou explotará a nenos chineses, ou todo á vez. E, non, esa botella clandestina de licor café non abonda para lavar a túa culpa.
* Non hai mesura. Ou estás tranquilo DE MÁIS e falando de metafísica, ou estás acelerado e rematas cunha ficha policial e a enemistade dos veciños.
* Son incómodas. Se es o anfitrión, terás que aturar a un montón de xente ruidosa e ebria na túa casa, terás que pagar o que rompan e terás que limpar cando te vomiten na alfombra. Se non es o afitrión, pensa que mentres privas, estás sentado no mesmo sofá no que o dono (ou dona) da casa rasca os xenitais mentres ve a tele, no que se auto-agarima mentres pensa na súa parella sentimental e no que retoza con ela cando pode. Estás rodeado pola súa intimidade, e o pó que respiras saiu hai semanas da súa pel. Invades o seu espazo privado impunemente e, ademáis, condenalo a limpar os teus excesos mañá pola tarde.
* Prexudican os hostaleiros. España e Galicia teñen a maior industria de troula e desenfreo do mundo. Non hai outro país onde poidas andar de garito en garito ata as 12 da mañá, por eso as festas en pisos son tan populares polo mundo adiante, porque é o único que queda cando pechan os bares. ¡Defendamos a nosa cultura autóctona! ¿Credes que os chineses matan osos panda?
Por estes e outros motivos, dende KOKOTCHA dicimos: ¡Abonda xa de festas caseiras! ¡O sitio da mocidade está nos bares!
Asinado:
Cipriano Cachbalt
Presidente da Asociación Lúdico-Semántica de Filósofos contra o Caos
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
2 comentarios:
Estimado Elric:
-El calificativo reaccionario tiene coña viendo de un tipo que se pone nostálgico con el día de la Patria.
-De 'fake', nada, impostura literaria. Se ve que estás resentido porque no se te haya ocurrido a ti antes y por eso usas barbarismos.
-¿Novas formas? ¿Quieres decir que juntarse bajo un techo a beber todos juntos es nuevo? ¿Pero no lo hacían ya los galos? Si es que no estamos a lo que estamos
Q no, q no, nos vemos en los bares!!!!
Publicar un comentario