26.10.05

Grandes preguntas de la cotidianeidad

Ando mal de tiempo, así que ahí va una chorrada:

-¿Por qué cuando hay siete personas, el camarero le pone a cada uno su consumición correcta, pero cuando hay dos, siempre te da la caña que ha pedido tu acompañante?

-¿Por qué en los supermercados el gel y el champú se encuentran siempre en estanterías distintas y alejadas?

-¿Por qué cuando vas en un autobús y colocas tu abrigo (o mochila) en el asiento de al lado aparece una anciana con paraguas y miles de bolsas de plástico y te pide que lo quites, en vez de sentarse en uno de los sitios que están libres a tu alrededor?

-¿Por qué a Pablo Motos le pagan por rayarse de esta manera y a mí no?

Más interrogantes en futuras entregas

3 comentarios:

O Nadador dijo...

1.- Porque lle supón un menor esforzo pensar nas dúas consumicións que nas 7 polo que se relaxa. O mesmo lle pasa ó Madrid no Bernabeu cos equipos pequenos.

2.-Seguramente polos tamaños das botellas ou será unha estratexia deseñada por psicólogos e sociólogos para que fagas "o ciclo da limpeza" e compres tamén pasta de dentes a pesar de xa ter dous tubos.

3.-A partir de certa idade a xente comeza a sentirse inútil e un estorbo. Esta sensación agudízase entre os 50 e picos ata os 70 ou sesenta e moitos, cando un asume o seu papel de avó do Werthers Original. ¿Como se manifesta esta tendencia? Chamando a atención. O exemplo que citas é un deles.

4.-A cuarta pregunta ten unha resposta longa e difícil na que están inxeridas moitas máis cuestións. Este humor sobre a cotidianeidade é propia da Stand Up Comedy americana, unha sociedade cun humor bastante branco, acrítico, pouco dado ó pracer intelectual e á crítica social. Por iso proliferan, o Canal Paramount Comedy parece o inferno de Dante neste sentido, os cómicos que falan sobre os seus rizadores de pelos, experiencias en floristerías e anécdotas de patios de colexo.
Por suposto hai un capítulo dos Simpson sobre este tema que ademais é unha homenaxe á película Lenny de Bob Fosse (o de Cabaret). Este cómico de Stand Up Comedy era un verdadeiro provocador e un rei da controversia e os seus espectáculos eran moi serios. De feito acabou comentando sentencias xudiciais na súa contra. Moi lonxe do aburridisimo Seinfeld ou de Quique Sanfrancisco.

A Pablo Motos páganlle por facer este humor aséptico e inofensivo. Por iso non che pagarían por rayarte, polo teu cinismo e porque, quizais, escribas demasiado ben para a radio. De todas maneiras xa estás nun grupo de comunicación que aprecia o humor e o cinismo.

Vicente dijo...

Coincido convosco en todo menos no apartado cuarto. Pablo Motos si me parece enxeñoso e conta cun equipo sensacional aínda que se note que forman parte de PRISA e se lles vexa o plumeiro.

elduende dijo...

Amigo nadador, é vostede un pozo de sapiencia, pero saiba que por moita coba que me dea vai seguir tendo que baixar o lixo cando veña a casa. Alédome de que creas que quizáis escribo ben, porque eu so coido que quizáis son diglósico.

Xosé Antón, benvido a este pozo de tolería. Coíncido contigo en que o humor blanco de "No somos nadie" é divertido e non ten nada de malo. Tamén vexo Paramount Comedy ás veces, pois rirse das pequeñas parvadas do cotián non ten por qué ser malo, sempre e cando tamén poidamos facer chistes doutro tipo.

Para demostralo, prometo un post con preguntas verdadeiramente cínicas para a semana que vén.