Tiempo ha que no veíamos una huelga como la de los transportistas (véase aquí o aquí). Grande, masiva, de las que joden y hacen que los articulistas de prensa empiecen a preguntarse qué derecho tienen esos peludos camioneros a trastocar las vidas del resto de la sociedad “¿Cómo pueden, esos egoistas, dejarnos sin el cruasán del desayuno, que tiene que venir de Francia?” No me extrañaría que ya hubiéseis leído algo como esto...
Divertido... Imáginaos que La Vox de Gallaecia publicase un artículo titulado “¿Para qué necesitamos la Bolsa?”, reflexionando sobre el daño que hacen a la sociedad los que se dedican a forrarse a base de hundir los precios del algodón de Costa de Marfil (con las consiguientes hambrunas y migraciones masivas a Canarias) y promoviendo el fin de la economía especulativa. El linchamiento mediático sería fulminante.
Lógico ¿no? El derecho a la propiedad y la libertad de mercado son dos pilares básicos de las democracias occidentales, a los que no se les puede toser. Po fale, pero ¿entonces por qué sí se puede atacar impunemente el derecho a la huelga, que está recogido hasta en la Constitución Europea (que progresista no es, precisamente)?
Señores míos, las huelgas molestan: de eso se trata, ahí radica su eficacia. Una huelga sirve para presionar y conseguir que las demandas de los trabajadores sean tenidas en consideración. Es casi la única forma que tiene un currante de joder a su patrón (o empleador, en el caso de los autónomos) y sus detractores parecen olvidar que para el currante también es costosa, porque si no trabaja, no cobra.
En este caso, la mayoría de los camioneros son autónomos y pierden mucha pasta al dejar de currar, sin embargo, casi el 100% del sector se ha sumado a la huelga, señal de que están con el agua al cuello. Sus demandas son razonables, básicamente, que sus clientes compartan con ellos los gastos de la subida de la gasolina y que el Estado les reduzca los impuestos. Los servicios mínimos ya se han pactado para joder sólo lo imprescindible a las terceras partes, como ganaderos y lecheros, y para garantizar los suministros de medicamentos y comida. ¿Dónde está el problema?
Rajar de las huelgas está muy bien, sin embargo la gente que lo hace se olvida de que antes los trabajadores protestaban menos, pero cuando lo hacían era en plan Irmandiños, asaltando el castillo, degollando al patrón y violando por turnos a su mujer e hijas. Afortunadamente esas cosas pasaron de moda junto con el derecho de pernada, pero parece que todavía hay quien las echa de menos.
Suscribirse a:
Enviar comentarios (Atom)
7 comentarios:
Matiz, hai que joder ás redes de grandes superficies e de distribución non ós gandeiros e leiteiros qeu están tan mal coma estes. Polo demais estou dacordo.
Nadador, coincido contigo. O que dixen foi “joder sólo lo imprescindible” o sector agrario, é dicir, que molestias van ter, pero que sexan as mínimas. De feito, as feiras de gando están a seguir con normalidade nos últimos días, sen piquetes malvados. Iso sí, Citröen tivo que pechar por falta de materias.
Zenón. Algo de razón tes. O do “peche patronal” dino os sindicatos, que coido que están un pouco picados cos camioneiros porque non os chamaron para negociar. O peso do asunto estano levando as asociacións tipo Fegatramer (Federación Gallega de Transportes y Mercancías), precisamente porque son as máis representativas dun sector atomizado no que abundan os contratos lixo e a evasión de prestacións sociais e no que moitos dos autónomos son de coña, como os cámaras de televisión ou os comercias de R, que sempre traballan para a mesma empresa. Todo iso é certo, pero non lle quita valor a esta folga.
Esa xente tamén son traballadores, aínda que non asalariados, e están parando masivamente, a pesar das perdas que aguantan. Todas as fontes coinciden en que a participación achégase o 100%, e non creo que sexa debido ós poderes hipnóticos da patronal. Máis ben o revés, a situación está tan jodida que mesmo os patróns lle ven as orellas ó lobo. A proba é que na pesca e no agro tamén andan bastante mosqueados co tema dos carburantes ¿ou é que os agricultores tampouco son traballadores?
Por iso, a túa tese do golpe de estado chileno non se sostén. En febreiro ou marzo (non lembro ben), o traballo xa me levara a investigar sobre a posibilidade dunha folga de trasnportistas e tanto as asociacións como os camioneiros particulares cos que falei dicían que, de non variar as cousas, parecía inminente. Dende aquela os prezos do petróleo non pararon de aumentar, así que xa se vían chegar as tormentas-
Claro que se queres teorías conspiratorias, en Galicia Confidencial culpan ó PPdeG de que a folga comezase antes en Galicia....
O do céntimo sanitario xa é un tema complicado, como case todo o que ten que ver con competencias tributarias. Coido que as autonomías teñen a potestade de aplicalo nos carburantes en xeral, é dicir, na gasofa que un lle bota ó coche. Non obstante, todo o que se refire ó gasóleo profesional (o que mercan camioneiros, agricultores, pescadores e demais xente e que ten un prezo reducido especial) depende do Ministerio de Economía, incluídos os impostos que leva aparellados. Se alguén ten información concreta e veraz, agradeceríalle que a compartise.
En todo caso, o Goberno central non é o máis criticado nas informacións, senón os folguistas, por eso a miña intención orixinal era defender o dereito á folga, aínda que sexa unha folga da patronal (que non está tan claro neste caso). ¿Ou vamos a empezar a diferenciar entre liberdade e libertinaxe, señor presocrático?
Zenone, sólo un apuntito... no sé si has visto alguno de los piquetes de estos días (si no t recomiendo un paseo x el tambre, además de estrellalandia tb estan las naves industriales y x tanto los piquetes). Te pregunto esto xq yo, perjudicada cada día al venir a currar xq la entrada al polígono está piqueteada, observó q los piqueteros no son señores de traje dueños de empresas de transporte, ni Mr. Patronal ese del que hablais, son camioneros, palillo en boca, con lo cual supongo q la protesta es suya y q lo q piden son beneficios para ELLOS, curritos de a pie (de a 8 ruedas, sorry)y no tengo claro a quién tienen q pedirselo, seguramente tú sabes más q yo de eso, pero lo q tengo claro es q tienen q seguir pidiéndolos... aunq a todos nos joda limpiarnos el culo con El Correo Gallego
Jesucristo, no creo que "El Correo Gallego" sirva ni para eso. Cierto, el derecho a la huelga es algo sagrado, pero el chantaje a la mayoría por parte de una minoría que se aprovecha de su posición estratégica en la economía (dejadme tomar aliento), es otra cosa muy distinta. Efectivamente, vivimos en una sociedad capitalista. Pues bien, si suben los precios, a fastidiarse tocan, como le pasa a todo hijo de vecino. Que reduzcan su ganancia, o suban las tarifas de su servicio, o se dediquen a otra actividad más lucrativa (por ejemplo, transportar inmigrantes en camiones frigoríficos). Pero, en todo caso, ni el gobierno ni la sociedad son responsables de sus estrecheces. Todo el mundo sufre la subida del precio del petróleo, que se refleja en la nada desdeñable inflación general. Si quieren protestar, que vayan a las oficinas de Repsol, BP o cualquier otra empresa del oligopolio petrolero, que son quienes sacan tajada de todo esto. No se puede poner en peligro el abastecimiento de la gente. Las conductas antisociales son incompatibles con la solidaridad entre trabajadores. Pero en realidad, este problema es el resultado natural de la absurda manía que hay en España de trasportarlo todo por carretera. ¿Para qué demonios quieren tanto tren de alta velocidad, si después sólo se rentabiliza de forma muy limitada? Por último, si estos sujetos dejan de pagar el céntimo sanitario, no sé qué derecho moral tendrá ahora el Estado a exigírselo al resto de los ciudadanos. ¿No es la ley igual para todos? ¿O vamos a volver al Medievo, en el que las corporaciones o gremios tenían privilegios? (Vaya, qué cosas, estoy defendiendo el liberalismo). Salud.
Ben, cabaleiros e damas, gústame este intercambio de opinións ¿A prol ou en conra dos camioneiros? ¿Heroes do proletariado ou tipos que non se lavan e van de putas? ¿Loitadores sociais ou servos da patronal? A resposta a estas preguntas, na túa conciencia.
Engadirei unhas pingas máis para colmar o vaso. Primeiro, xa atopei datos fidedignos sobre o do céntimo sanitario. Zenone tiña razón, é competencia das autonomías, e dentro de pouco haberá unha xuntanza na que o Ministerio de Fomento (que nome tan decimonónico) intentará convencelas de que lles baixen os impostos ós camioneiros.
Entón, ¿por que carallo non negociar coa Xunta directamente? Pois porque o que pretendían, e conseguiron, os transportistas era que se aprobase unha lei estatal que fixe os precios para o gasóleo profesional. Sairá para 2007 e ata entón, o Goberno comprométese a pagarlles ás comunidades a diferenza no que recaden.
A pregunta é ¿e isto lícito? Coido que sí. Fabricio dí que a ver con que cara lle piden os conductores que paguen o imposto pola gasolina, pero é que, para os camioneiros, o gasóleo é un gasto profesional, e iso desgrava. Se eu merco unha libreta no quiosco, teño que pagar o IVA, pero se a merca El Correo Gallego, non (ou paga menos). Outro asunto sería discutir o adecuado de cobrar impostos indirectos pola gasolina (que son unha boa parte do precio do carburante). Mellor sería dar máis caña no IRPF e perseguir adecuadamente ós que evaden e defraudan, claro, pero é outra historia.
Sobre o que di Zenone, penso que non ven ó caso falar da liberdade de mercado neste asunto e o da cooperativa libertaria de camioneiros... soa a Jimmy Hoffa.
O problema do transporte ven sendo o seguinte: Por un lado están Gadis, Eroski, Carrefour e catro empresas descoñecidas que abastecen ás tendas pequenas. Chamémolles cargadores. Esta xente ten uns productos, que se fabrican no punto A, se almacenan no punto B e se venden no punto C. Precisan xente que llos leve de A a B, de A a C e de B a C, algunhas teñen as súas propias frotas de camións, pero incluso esas recoren ás veces a terceiros.
Eses terceiros son, por un lado, verdadeiros autónomos con menos de 10 empregados e por outro, falsos autónomos que traballan de tapadillo para os primeiros (tamén hai grandes empresas con centos de empregados, inmigrantes sen papeis que non cobran, na súa maioría, pero son raras no noroeste peninsular). Chamarémoslles transportistas.
A relación entre transportistas e cargadores é máis ou menos cordial, ata que alguén invade nonseiqué país árabe e o gasóleo comeza a subir a toda hostia. Os transportistas (igual que os pescadores, os labregos e os taxistas) precisan do gasóleo para traballar e comezan a notar apreturas. Chegado o momento, catro dos transportistas van a falar cos cargadores e dinlles: “imos ter que subir os prezos”. E os cargadores responden “vale, pois en lugar de contratarvos a vós, chamaremos a estes outros 18 que seguen cobrando o mesmo de antes”. Os primeiros catro transportistas chaman ós outros 18 e acordan con eles subir os prezos, pero para entón, os cargadores xa atoparon 35 máis dispostos a non subilos. Cando os catro, os 35 e os 18 fan un pacto, xa se meteron 72 transportistas asturianos e portugueses, ós que lles compensa manter os prezos baixos se lles rouban os clientes a todos os que queren subilos. E así.
Os cargadores son un par de ducias. E os transportistas unha chea de milleiros, case todos, repito, repartidos en empresas pequenas. Pensade o difícil que era poñerse de acordo nesas asembleias da LOU as que iades e ó mellor non vos soa tan raro que non lles quedase outra que ir á folga.
E claro, Fabricio, fomentar o transporte ferroviario podería ser unha solución... no sur de España. As vías en Galicia e Asturias son, sinxelamente, de coña. Farían falla moitos anos e moitos millóns para que se puidensen mover mercadorías de modo eficaz. Ata entón o mellor será ter contentos os camioneiros... Ademáis, dende Keynes, o Estado sabe que hai que manter a frote certos sectores, a costa da liberdade de mercado, polo ben do consumismo que vertebra o noso sistema económico.
E teño que deixar de escribir comentarios máis largos (aínda) que os posts. Cada vez que o fago imaxino a centos de lectores potenciais fuxindo como bolboretas en primaveira.
So quixera incluir un par de aspectos sobre o paro patronal, como é chamado polos representantes que se sentan ás mesmas de negociación, non eu: un señor que é dono do seu medio de producción é empresario, non traballador.
Un fotógrafo non é dono do seu medio de producción (o periódico), senón da súa ferramenta (a cámara). Un camioneiro sí é dono do medio de producción: o contrato de transporte entre empresas, os permisos, seguros, etc. Polo tanto son empresarios. Os autónomos son os que están tentando seguir a traballar.
Calquera camioneiro sabe que os fillos de puta que están a seguir con este paro empresarial son representantes EMPRESARIAIS, non dos traballadores. Basta con ver ós representantes de Lugo. Eu sí os coñezo e eses teñen de traballador o que eu de mariscal: as ganas. E ademais podo decir sen moito desbarre que son dos que reventan o mercado baixando os seus beneficios para botar á competencia e esixindo solidariedade cando non lle saen as contas.
Non paraches a pensar por qué non aparecen os representantes dos empresarios para falar desta folga? E o PP? Os periódicos fan escándalo para vender, pero a asociación de empresarios non critica o paro nin ós responsables por moita pasta que perda POR PRIMEIRA VEZ NA SÚA VIDA ninguén lles oe pedir cabezas.
Esto non é unha folga, é unha maneira de rompelo mercado. E os caciques non levan todos sombreiro. Moitos levan un palillo nos dentes e a camisa aberta no peito e súan cando traballan. E cando hai que protexer a Fraga son os primeiros, por que "eles de poítica non entenden de política pero saben quen lles protexe"
Ben, Pablo, non quero entrar en debates semánticos máis do necesario. “Paro patronal” é un termo máis axeitado que folga neste caso, tes razón. Tamén a tes en que os “representantes”, que están a saír nos xornais son os máis impresentables e puferos de todos, e en que, no sector do transporte encántalles poñerse a zancadilla uns ós outros (xa o explicaba no meu último comentario). Ademáis, os camioneiros están afiliados o PP, adoitan ser reaccionairos, incultos e consumidores de prostutición. Vale ¿E que? ¿Por iso deberiamos imperdilles que fagan un paro? Porque o problema que teñen é real, aínda que o causaran eles mesmos en boa medida ¿Pode ó Estado permitir que vaia ó garete todo o sector do transporte?
De acordo en que os que máis berran por seguir o paro, os representantes eses, serán os máis beneficiados. Pero hai 3.000 camioneiros que o secundan, só en Galicia, ¿ningún deses traballou na vida? ¿Estan de volantes caídos por pasar o rato? Dis que teñen a propiedade dos medios de producción, logo non son traballadores, ben, non cho discuto, pero ¿a quen lle rouban a plusvalía, que é o vello problema marxista co patrón? A meirande parte deses 3.000 non teñen empregados. ¿Haberá que prohibirlles tamén os zapateiros, charcuteiros e fontaneiros, que fagan protestas (se algún día tivesen motivo), posto que son empresarios?
E, por último, o PP non protesta porque agora son a oposición, aquí e en Madrid. Tampouco lembro telos oído queixarse nunca pola entrada de inimigrantes en Melilla e xa os ves... e coido que tampouco dixeron nada cando os sindicatos lle fixeron a folga xeral a Felipe González.
Os empresarios si protestaron, alomenos algúns (este, por exemplo, http://www.lavozdegalicia.es/buscavoz/ver_resultado.jsp?TEXTO=4178355&lnk=TRANSPORTE,JIMENEZ,LUGO ) Os outros están calados polo que ti dis, porque os que pararon son da súa corda, ou polo efecto “¿e se mañá estou eu nas mesmas?”. Non obstante, insisto, iso non quita que haxa un problema que precisa solución.
Estou de acordo en que este non é un paro proletario, e en que é unha vergoña que por non haber patróns non haxa servizos mínimos por lei. Estou de acordo que o sector esta cheo de trepas e corruptos. Todo iso e certo, pero se queren e poden facer un paro, teñen dereito a facelo.
E vou dar xa por pechado este debate. Podedes seguir comentando, se queredes, pero eu xa dixen todo o que tiña que dicir e escribir estes tochos estame quitando de actualizar o blog. Grazas a todos polas vosas opinións.
Publicar un comentario